Dando a coñecer o noso mar

VIII Xornadas de Pesca

Un ano máis a Confraría de Pescadores de O Pindo celebrará durante a última semana do mes de xuño as súas VIII xornadas de Pesca que nesta ocasión levan por nome "Outro ollar ao mar"

Nos pasados anos abordáronse diferentes temáticas que daban a coñecer o mundo do mar, dende as tradicións, os antigos oficios, os acontecementos ou traxedias que tiveron lugar nesta nosa costa, etc...

Desta volta a intención é amosar outra ollada, amosar outra cara do noso mar; a importancia que ten para o noso modo de vida, as iniciativas que nacen en torno a el, tanto turísticas como de divulgación, así como a necesidad da mellora da comercialización dos seus productos. Por suposto sen esquecer como está a ser o traballo dos nosos mariñeiros e mariscadoras e as dificultades que atravesan nestes intres.

Consulta as condicións de inscripción aquí e descarga o formulario de inscrición se desexas asistir.

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org