Dando a coñecer o noso mar

VII Xornadas de Pesca

Por sétimo ano consecutivo, a Confraría de Pescadores do Pindo e o Proxecto Pindo Mariño desenvolven as súas Xornadas de Pesca co lema "Un mar de recordos ". Un verdadeiro encontro entre amantes e profesionais do noso medio mariño no cal vos queremos convidar a achegarvos ao Pindo para ollar á historia do noso mar, esta fonte de vida e de recursos sociais, naturais e económicos para todo o noso pobo en particular e do pobo galego en xeral.

Unha iniciativa que pretende potenciar unha visión das nosas costas que parte desde o respecto máis absoluto ao coidado dos nosos fondos, que son aproveitados con técnicas de pesca tradicionais e artesanais que posibilitan que os mellores froitos das nosas augas cheguen á túa mesa sen causarlle ningún dano. E sen dúbida ti, profesional ou consumidor, apreciará que así sexa e que contribuamos a legarlle ás futuras xeracións un medio igual ou mesmo mellor do que nós o atopamos.

As VII Xornadas de Pesca, en definitiva, cítannos a todas e a todos no Pindo (Concello de Carnota) desde o venres 29 de xuño ata o domingo 1 de xullo.

Entre as moitas actividades, poderás aprender con nós cestería tradicional, practicar deportes acuáticos como o kayak, gozar de actuacións musicais e de degustación de produtos típicos coas técnicas máis suculentas ou subir o maxestoso Monte Pindo. Pero, por suposto, a prioridade serán as conferencias sobre o sector que serán pronunciadas por poñentes do talle de Dionisio Pereira, Manuel Pan, Francisco Fernández Naval ou Xilberto Caamaño.

Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:

Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 18 de xuño na confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a confraria@wanadoo.es. As bases e máis información sobre a inscrición están dispoñibles no díptico das xornadas:

A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición e 70€ a inscrición con aloxamento (venres e sábado).

Tamén podes confirmar a túa asistencia e seguir as xornadas a través do evento creado en Facebook:

No Pindo espérache un Mar de Recordos!

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org