Dando a coñecer o noso mar

VI Xornadas de Pesca

Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.

As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.

Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:

Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 15 de xuño na sé confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a confraria@wanadoo.es. Tes máis información no programa das VI xornadas.

A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición e 60€ a inscrición con aloxamento (venres e sábado).

Tarifas dos roteiros

Individuais  
Adultos 6 €
Nen@s 5 €
Pensionistas, minusválidos 5 €
Grupos (a partir de 15)  
Adultos 5 €/persoa
Nen@s 4 €/persoa
Pensionistas, minusválidos 4 €/persoa
Escolares e confrarías 3 €/persoa
Grupos mixtos Según tarifa

Esperámosche para aprender a amar o noso mar!

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org