V Xornadas de Pesca
Outro ano máis, a Confraría do Pindo organiza no 2010 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa quinta edición ao mundo das baleas.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo o sábado 19 de xuño coa excursión polo roteiro do Fornelo, e seguirán os días 21, 22, 23 e 24 de xuño con diversas actividades para os máis pequenos.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 25, 26 e 27 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: debates con antigos empregados da baleeira de Gures, charlas sobre baleas con expertos (Alfredo López Fernández do CEMMA e Luis Laria do CEPESMA), actuacións musicais (entre elas a de Bieito Romero, de Luar na Lubre), visitas, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.
Podes descargar o programa das xornadas na seguinte ligazón:
Tamén podes seguir as xornadas a través do grupo creado en Facebook:
Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 15 de xuño na confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a confraria@wanadoo.es.
A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición, 60€ con aloxamento e 25€ sen aloxamento.
Esperámosche para disfrutar do noso mar!