Dando a coñecer o noso mar

Servizos

Os servizos que a confraría de Pescadores do Pindo presta os seus asociados son:

  1. Asesoramento e tramitación administrativa:
    • Axudas e subvencións públicas.
    • Expedición de certificacións.
    • Permisos de explotación.
    • Licencias de pesca profesional e recreativa.
    • Cambios de porto base.
    • Cambios de modalidade de pesca.
    • Expedición de guías e documentos de transporte.
  2. Actuación como oficina pública na recepción, rexistro e tramitación de documentación dirixida á Administración Autonómica.
  3. Asesoramento sobre a aplicación da normativa pesqueira e marisqueira.
  4. Elaboración dos plans de explotación de pesca e marisqueo.
  5. Organización de actividades formativas e culturais:
    • Cursos de capacitación –mariñeiro pescador, patrón de pesca local, manipulación de produtos pesqueiros frescos, certificado de mariscador, certificado de percebeiro, etc.
    • Xornadas de Pesca, organizadas con carácter anual pola confraría desde o a no 2006.
    • Visitas formativas e culturais a distintas comunidades pesqueiras, así como a instalacións portuarias, museos, centros de interpretación e outras entidades que desenvolven actividades de posta en valor do patrimonio marítimo pesqueiro.
  6. Información sobre a previsión meteorolóxica e o estado do mar.

Estes servizos son gratuitos para tódalas persoas asociadas á nosa entidade.

Desde a confraría estamos traballando para ampliar e mellorar a oferta de servizos para tódolos socios e non socios.

O horario habitual de atención ao público na confraría é de 10:00 a 14:00 horas, e de 15:30 a 16:30, de luns a venres.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org