Dando a coñecer o noso mar

Historia

O labor da confraría de pescadores do Pindo lévase desenvolvendo desde comezos do século XX, antiguamente como pósito de pescadores. Nos anos oitenta sufriu unha paralización temporal, retomando ao pouco tempo a súa andadura.

A actividade pesqueira e marisqueira ligada á nosa confraría foi, e segue a ser, unha das principais fontes de emprego e riqueza da poboación local, chegando a contar con mais de 18 embarcacións e un número estimado de 45 mariscadoras.

O edificio da confraría foi construído na segunda década do século pasado, e albergou anteriormente un economato, un centro de saúde, utilizouse tamén como Instituto Social da Marina e como escola.

Despois do afundimiento do buque Prestige, en novembro de 2002, as actividades dos nosos asociados e asociadas víronse gravemente afectadas, tanto pola paralización temporal que sufriron como polo tempo necesario para a recuperación das zonas de pesca e marisqueo, o que supuxo importantes perdas económicas para o conxunto da comunidade mariñeira.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org