Dando a coñecer o noso mar

Quén somos

A Confraría de Pescadores do Pindo desenvolve unha gran variedade de actividades destinadas á mellora da calidade de vida das xentes do mar e ao desenvolvemento do sector pesqueiro e marisqueiro da zona comprendida entre a desembocadura do Río Xallas e a desembocadura do Río Larada.

Entre elas destacan as funcións de asesoramento, administrativas e sociais, así como as de organización e colaboración en todo tipo de actividades de fomento e apoio á comunidade mariñeira.

A confraría fórmana aproximadamente 100 socios, entre profesionais e colaboradores. Entres os profesionais, destaca o colectivo de marisqueo, formado por 17 persoas. Delas 14 adicánse a maiores á extracción de percebe a pé, e un mariscador ao poliqueto. A maioría delas adicánse tamén á extracción da mexilla, moi propia da zona. O número de embarcacións de terceira lista censadas ascende a dez, todas elas na modalidade de artes menores.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org