Dando a coñecer o noso mar

Grupos de Acción Costeira

A Confraría de Pescadores do Pindo é socia do Grupo de Acción Costeira da Zona 4 Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia, asociación de carácter local constituída en outubro de 2008 para xestionar a liña de axudas económicas asignadas a esta zona, correspondentes ao Eixo 4 –Desenvolvemento sostible de zonas costeiras- do Fondo Europeo de Pesca –FEP-.

Esta liña de axuda económica orienta o destino dos seus fondos á sostenibilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras para:

  • Mellorar a comercialización e revalorizar os produtos da pesca.
  • Manter o emprego mediante a diversificación económica e reestruturación social.
  • Promover a calidade ambiental da costa e o medio mariño.
  • Promover a cooperación nacional e transnacional entre as zonas costeiras a través da creación de redes.
  • Promover a igualdade entre homes e mulleres.

Descargar Plan Estratéxico Zonal (PDF)

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org