Dando a coñecer o noso mar

Os nosos proxectos

Os nosos proxectos A Confraría de Pescadores de O Pindo está participando en distintos proxectos de desenvolvemento, que contribúen a mellorar a calidade de vida da comunidade local e á conservación do patrimonio marítimo e cultura mariñeira.

Apostamos pola formación, promovendo diferentes cursos destinados non só as xentes do mar, se non tamén a outros colectivos, facendo especial fincapé nunha formación igualitaria onde homes e mulleres gocen dos mesmos dereitos e oportunidades.Tamén facemos un traballo de divulgación e concienciación, formando principalmente os nenos na importancia do coidado do entorno, con diversas actividades. 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org