Dando a coñecer o noso mar

Obxectivos

O proxecto PINDO MARIÑO ten como obxectivo xeral a difusión da cultura mariñeira en toda a súa extensión, a conservación, difusión e posta en valor do patrimonio marítimo e a dinamización do contorno social de O Pindo.
Como obxectivos específicos do proxecto podemos destacar:

  • A transmisión dos saberes tradicionais do mundo mariñeiro á sociedade,
    especialmente ás novas xeracións.
  • Promoción da pesca responsable.
  • A rehabilitación de antigos espazos e instalacións adicadas á pesca e á
    transformación dos produtos do mar.
  • A recuperación dos sistemas tradicionais de conservación de produtos do mar propios da zona, tales como salazón ou curado.
  • A posta en marcha de roteiros interpretativos por terra e mar, a fin de dar a coñecer o patrimonio natural e marítimo da nosa comunidade.
  • Promoción do sendeirismo tradicional.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org