Dando a coñecer o noso mar

Marisqueo e extracción de percebe

O recurso máis importante da nosa confraría, neste momento, é o da mexilla, xa que a produción de berberecho, ameixa fina e coquina decaeu nos últimos anos, malia os traballos de sementeira e traslados que se están a acometer para a súa recuperación. Así mesmo tamén existe plan de extracción de percebe dende o ano 2002, pero non entrou en funcionamento ata o ano 2004 por mor da catástrofe do Prestige.

No ano 2005 presentouse o plan de explotación de poliqueto, aprobado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no ano seguinte. Outros recursos que se empezaron a explotar no 2007 foron o lamparón e a caramuxa.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org