Dando a coñecer o noso mar

O DURO PAPEL DA MULLER NO MUNDO DO MAR.

De xeito habitual, cando falamos do traballo no mundo do mar a primeira imaxe que nos adoita vir a cabeza e un barco e uns mariñeiros traballando.

Dende aquí, imos tentar amosar outra imaxe diferente deste mundo, tentando outorgarlle unha maior relevancia o papel da muller.

Unha muller traballadora, que fai unha xornada laboral dende antes de sair o sol ata despois de poñerse, e traballa na casa, e nas fábricas de salazón ou de conserva, e nas praias mariscando ou collendo algas, e aínda lle da tempo de coidar a horta.

Mentras o mariñeiro traballaba no mar, a muller do mariñeiro tamén leva os temas relacionados coa organización, vai as capitanías a enrrolar a tripulación, leva moitas veces o papeleo, aforraba para pagar as facturas, ía a vender o peixe polas portas para facer uns cartiños, ataba as redes e encascaba, axudaba a armalas pezas, facía nasas, etc...

E por si non fora dabondo, levaba todo o peso da casa, e sobre todo a educación dos fillos. Coidaba de todo e de todos. E dela, quen coidaba dela?

Que será mais duro o traballo do home do mar , ou o labor da muller do mar!

Pasan os anos e poucas cousas foron cambiando no mundo do mar.

 

 

 

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org