Dando a coñecer o noso mar

XII XORNADAS DE PESCA DA CONFRARÍA DE O PINDO

Neste ano no mes de Xuño, como todos estes anos atrás, celebraremos a duodécima edición das Xornadas de Pesca da Confraría de Pescadores do Pindo. Este ano o tema principal é a carpintería de ribeira.

No pobo de O Pindo, como en moitos da nosa contorna, a actividade pesqueira foi moi importante, o porto era o motor do pobo. Había unha importante frota  de lanchas do xeito, de bucetas, de mariñeiros, de mulleres traballando nas fábricas de salazón, vendendo sardiña, afumándoa para o consumo. Dende a Confraría non queremos renunciar a ese pasado, pois forma parte da identidade do noso pobo.

Estamos traballando nelas con moita ilusión, e en vindeiras datas xa teremos o cartel definitivo que colgaremos na web e co que faremos difusión das mesmas.

 23, 24 e 25 de Xuño, apuntadeo na vosa axenda. Animámovos a participar delas!!!

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org