Dando a coñecer o noso mar

Actividades para este curso 2015-2016

Para este curso 2015-2016 temos deseñadas unha serie de actividades orientadas a nenos de infantil e primaria e organizadas en tres bloques diferentes, onde tratamos de dar a coñecer o mundo do mar, a nosa cultura e patrimonio así como transmitir o valor das profesións vinculadas a este medio. Mariñeiros e mariscadores serán os encargados de acompañarnos nas diferentes actividades amosando o seu traballo. Consúltanos horarios e disponibilidade, dende Pindomariño estaremos encantados de poder compartir con vos as nosas actividades e obradoiros.

Para os alumnos de primaria, ademais dos roteiros temos deseñados algúns obradoiros de diferentes temáticas.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org