Dando a coñecer o noso mar

Nova temporada das actividades de Pindo Mariño

Pindo Mariño ten como obxectivo principal difundir a cultura mariñeira e contribuir á conservación, difusión e posta en valor do patrimonio marítimo e a dinamización do contorno social de o Pindo.

Dentro das actividades que organizamos temos diferentes roteiros interpretativos:

O Roteiro do Fornelo, que se realiza no propio pobo de O Pindo e que parte do propio peirao.

O Roteiro de Quilmas no que se visita o porto natural de Quilmas e as antigas fábricas de salga.

O Roteiro de Caldebarcos onde de man das mariscadoras se visita o entorno da Berberecheira onde se desenvolven as actividades de marisqueo a pé e tamén se visitan as casetas de pescadores.

Estas actividades están destinadas principalmente a grupos e tratamos de adaptalas ás idades dos participantes, podendo ser realizadas tanto por nenos de infantil e primaria como por alumnos de secundaria ou por adultos.

Se desexas saber detalles máis concretos sobre a súa realización, que talleres e actividades se fan, que lugares visitamos, que mariscadoras e mariñeiros nos acompañan no roteiro, contacta con nós no correo electrónico confraría@wanadoo.es e enviarémoche cumprida información.

                           

 

 

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org