Dando a coñecer o noso mar

Actividades Pindo Mariño

Un ano máis despedimos un curso escolar e agradecemos as vistas dos coles á Confraría de Pescadores de O Pindo.

As actividades de Pindo Mariño deste ano vertebraronse en tres roteiros principais:

Roteiro de Caldebarcos: este roteiro ten dúas partes, o roteiro das casetas de pescadores, no que se explicará a función que tivo no pasado e a importancia no desenvolvemento da actividade pesqueira da zona; e o roteiro da Berberecheira, onde os visitantes poderán asistir a extracción da ameixa e berberecho in situ, coas explicacións das mariscadoras e da monitora.

Roteiro do Fornelo: Ten como obxectivo fundamental dar a coñecer o entorno paisaxístico desta praia situada no Pindo, e tamén recoñecer as actividades pesqueiras que houbo no pasado, como as antigas fábricas de salazón e conserva. No percorrido deste roteiro farase especial mención as lendas e historias vencelladas ao lugar.

Roteiro do Porto de Quilmas: O obxectivo principal é coñecer o entorno e as actividades de pesca e transformación dos productos ligados a este porto. Visitaránse as casetas de mariñeiros, fábricas de salazón, entre outras.

 

Ademáis deste roteiros realizamos diferentes talleres e xogos adaptados ás idades dos visitantes.

 

 

 

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org