Dando a coñecer o noso mar

Subida a Monte Pindo e Recital Poético nas VIII Xornadas de Pesca "Outro ollar ao mar"

O vindeiro sábado 29 de Xuño dentro do programa das VIII Xornadas de Pesca "Outro ollar ao mar" organizamos unha subida guiada a Monte Pindo que comezará no adro da Igrexa de O Pindo as 10:30.

A ruta guiada será de dificultade media e tratará de adaptarse o ritmo e ás capacidades dos participantes. Ver a descripción da ruta.

Ó regreso terá lugar a presentación do libro "Versos no Olimpo" de Francisco Fernández Naval e Miro Villar ás 19:00 h e o Recital Poético "O Monte Pindo, vixía do mar".

Neste recital intervirán ademáis de Chisco e Miro Villar, Paco Souto, Marta Dacosta, Rafa Villar, Alexandre Nerium, María José Fernández, Xosé Iglesias e Carlos Arias....

 

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org