Dando a coñecer o noso mar

Convocatoria do Premio polo X aniversario do Prestige: "Que sabes ti do Prestige?"

O afundimento do petroleiro Prestige supuxo un feito que marcou a vida dos nosos mariñeiros e mariscadoras, porque viron manchada de fuel durante moito tempo a costa na que traballan e non puideron saír a traballar en ela, pero tamén dos veciños/as do conxunto do Concello de Carnota e máis particularmente do pobo do Pindo.

Este feito, sucedido en novembro do ano 2002, cumpre agora 10 anos, polo que os nenos de educación Primaria dos nosos colexios non viviron en primeira persoa este acontecemento, e pode que moitos deles non sexan coñecedores do mesmo.

A Confraría de Pescadores do Pindo, dentro do seu programa Pindo Mariño, convoca un concurso para conmemorar o X Aniversario do afundimento do Prestige e deste xeito achegar a estes cativos ó vivido naqueles intres, a Marea Nega de fuel e o movemento sen precedentes que se deu de Marea Branca do voluntariado.

Os destinatarios desta convocatoria son:

  • Alumnos de primaria do CEIP de O Pindo
  • Alumnos de primaria do CEIP de Carnota

Os principais obxectivos da organización deste concurso son:

  • Fomentar nos alumnos de primaria a curiosidade polos feitos sucedidos fai dez anos na Costa da Morte e máis concretamente no Concello de Carnota a raíz do afundimento do Prestige.
  • Promover nos nenos e nenas unha conciencia crítica cos problemas que ameazan o medio mariño e coa necesidade do coidado do mesmo.
  • Inculcar nos alumnos o respecto polo medio mariño e pola defensa e coidado do mesmo.
  • Amosar a necesidade da axuda solidaria e a cooperación como vías para a solución de problemas.

As bases deste concurso pódense descargar na seguinte ligazón:

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org