Dando a coñecer o noso mar

Benvido ao Pindo Mariño

Estás na web do proxecto Pindo Mariño. Convidámosche a que coñezas quén somos ou as actividades que levamos a cabo.

Recuperación e posta en valor da tradición e cultura mariñeira de O Pindo

VI Xornadas de Pesca

Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.

As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.

Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:

V Xornadas de Pesca

Outro ano máis, a Confraría do Pindo organiza no 2010 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa quinta edición ao mundo das baleas.

As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo o sábado 19 de xuño coa excursión polo roteiro do Fornelo, e seguirán os días 21, 22, 23 e 24 de xuño con diversas actividades para os máis pequenos.

Os días principais das xornadas deste ano serán o 25, 26 e 27 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: debates con antigos empregados da baleeira de Gures, charlas sobre baleas con expertos (Alfredo López Fernández do CEMMA e Luis Laria do CEPESMA), actuacións musicais (entre elas a de Bieito Romero, de Luar na Lubre), visitas, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

Presentación da web do proxecto Pindo Mariño

A Confraría de Pescadores do Pindo recolle nos seus Estatutos como funcións propias da confraría a promoción do recoñecemento social da profesión de pescador mediante a divulgación da cultura mariñeira, a difusión da actividade pesqueira en toda a súa extensión e o fomento das actividades turísticas, culturais e de lecer vinculadas á pesca e ao mar, dirixidas tanto á propia comunidade pescadora como á sociedade en xeral.

Neste contexto, a Confraría de Pescadores do Pindo pretende poñer en marcha un proxecto novedoso que contribúa a dar a coñecer a cultura mariñeira, a través do programa de actividades PINDO MARIÑO: Recuperación da tradición e cultura mariñeira.

Para reforzar o propósito de divulgación das actividades que se leven a cabo dentro deste proxecto, poñemos en marcha esta web na que se poderá consultar todo tipo de información sobre a función do proxecto PINDO MARIÑO, asi como outro tipo de datos e material variado.

Benvid@s!

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org